Nova: López Campos destaca a Editorial Galaxia como “fundamental na difusión da lingua e cultura galegas”

17/10/2025

López Campos destaca a Editorial Galaxia como “fundamental na difusión da lingua e cultura galegas”

Vigo, 17 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á entrega da medalla de ouro coa que a Universidade de Vigo recoñece á Editorial Galaxia pola súa contribución coa institución académica, onde manifestou o seus parabéns á editora polo “seu papel fundamental na difusión, prestixio e posta en valor da lingua e cultura galegas”, felicitacións que estendeu á celebración do 75 aniversario da súa fundación.  

Neste senso, o representante da Xunta lembrou que Galaxia foi unha das primeiras entidades que se tivo en conta no marco do Pacto pola Lingua, o que revela, apuntou, “a importancia que lle damos neste proceso para impulsar e fomentar o uso do idioma que abrimos á participación activa de grupos políticos, institucións e sociedade en xeral”.

Comparte