Nova: López Campos erixe o libro ‘Colección de arte do Parlamento’ como “esencial para facer chegar a nosa riqueza artística a todo o pobo galego”

09/10/2025

López Campos erixe o libro ‘Colección de arte do Parlamento’ como “esencial para facer chegar a nosa riqueza artística a todo o pobo galego”

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á presentación do libro Colección de arte do Parlamento, onde os representantes do Goberno galego gabaron esta obra como “ferramenta esencial para facer chegar a riqueza artística que posúe o Parlamento de Galicia a todo o pobo galego”.

Nesta liña, o responsable de Cultura da Xunta puxo en valor o legado de todos os artistas implicados nesta selección que “foron quen de dotar á nosa comunidade dunha voz propia e que entenderon que Galicia debía ser a esencia mesma desde a que construír o seu universo creativo”.

Comparte