Nova: A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acolle unha homenaxe aos 90 anos de radio na cidade no marco da Semana de Cine

24/09/2025
A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acolle unha homenaxe aos 90 anos de radio na cidade no marco da Semana de Cine
Lugo, 24 de setembro de 2025
A Biblioteca Pública Provincial que xestiona a Xunta en Lugo acolle unha homenaxe aos 90 anos da radio na cidade, impulsada polo grupo Fonmiñá no marco da Semana de Cine.
A exposición “A radio na nosa vida. A nosa vida na radio” inaugurouse hoxe, nun acto que contou coa presenza do delegado territorial, Javier Arias, xunto con algunhas das voces históricas do medio en Lugo, como Tonina Gay, Paco Rivera e Chema Vázquez. Ademais, lembrouse a figura de Marcial González Vigo como exemplo de creador de contidos radiofónicos e, a continuación, proxectouse a película “A solas con Farid”.
A Xunta colabora coa Semana de Cine ofrecendo financiamento e infraestruturas para o seu desenvolvemento. O salón de actos da Delegación Territorial acolle o ciclo de Cine galego e o de Cine de Nadal en homenaxe ao Belén de Begonte, mentres que a Biblioteca Pública Provincial súmase tamén co ciclo de Cine español inédito e a exposición sobre o cartel da presente edición, obra de Primitivo Marcos que lembra os 100 anos da estrea da mítica película “La quimera del oro”, de Charles Chaplin.