Nova: López Campos gaba a “sensibilidade e precisión lírica” de Pepe Montes na publicación ‘A vida é un poema’

18/09/2025

López Campos gaba a “sensibilidade e precisión lírica” de Pepe Montes na publicación ‘A vida é un poema’

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, gabou hoxe a “sensibilidade lírica” que reflicte Pepe Montes no seu último libro, A vida é un poema. Fíxoo na presentación que o socio fundador de Feiraco e expresidente da cooperativa realizou en Santiago de Compostela do seu segundo poemario tras o debut, en 2023, con Poemas de vida.

Comparte