Nova: López Campos aborda cos alcaldes de Laza, Monterrei e Cualedro colaboracións en materia de Patrimonio

17/09/2025

López Campos aborda cos alcaldes de Laza, Monterrei e Cualedro colaboracións en materia de Patrimonio

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abordou hoxe cos alcaldes de Laza, José Ramón Barreal; Monterrei, José Luis Suárez, e Cualedro, Luciano Ribeiro, posibles vías de colaboración en materia de patrimonio cultural nestes municipios ourensáns.

Con este propósito, López Campos mantivo unha reunión para coñecer de primeira man as necesidades deste concellos que lle fixeron chegar os rexedores, aos que lles trasladou que, precisamente, técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta xa están avaliando nos terreos os danos nos bens patrimoniais provocados polos incendios do pasado mes de agosto. Neste senso, concretoulles que se trata de contar cunha fotografía precisa para pór en marcha as actuacións de recuperación que sexan necesarias.

Comparte