Nova: López Campos asiste á ópera ‘Carmen’ dirixida por Calixto Bieito na apertura da 73ª temporada lírica da Coruña

05/09/2025
López Campos asiste á ópera ‘Carmen’ dirixida por Calixto Bieito na apertura da 73ª temporada lírica da Coruña
A Coruña, 5 de setembro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe no Palacio da Ópera da Coruña á representación da ópera Carmen, na icónica versión asinada polo director escénico Calixto Bieito, coa que arrancou a 73ª Temporada Lírica, que a Asociación Amigos de la Ópera da Coruña desenvolve co apoio económico da Xunta de Galicia.
Esta gran posta en escena, que poderá verse tamén o domingo, chega a Galicia tras triunfar nos principais teatros internacionais e para conmemorar o 150º aniversario da estrea da popular obra do francés George Bizet. Tras a súa representación, a programación da Temporada Lírica continuará ata decembro con preto de 30 citas co xénero lírico, entre recitais, galas e actividades formativas e divulgativas.