Nova: López Campos celebra con veciños e visitantes a volta ao medievo de Ribadavia na festa da Istoria

30/08/2025

López Campos celebra con veciños e visitantes a volta ao medievo de Ribadavia na festa da Istoria

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na celebración declarada de Interese Turístico Nacional onde destaca a implicación “institucional e da sociedade”

Ribadavia (Ourense), 30 de agosto de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe en RIbadavia na Festa da Istoria, declarada de Interese Turístico Nacional, nunha xornada na que compartiu coa veciñanza e visitantes a volta ao pasado medieval da vila que congrega ata o domingo a milleiros de persoas.

Neste senso, o representante da Xunta destacou “tanto a implicación institucional como da sociedade neste tipo de celebracións que son algo máis que uns festexos, son unha lembranza ao que fomos no pasado e ás súas influencias culturais no presente”. Ademais, resaltou, trátase dunha das acccións “que enchen de actividade o noso verán en toda Galicia”, en referencia á campaña Para gustos, cultura, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desde xuño a setembro con máis de 3.400 actividades en máis de 200 concellos.

Así, na programación, non faltan o mercado medieval no casco histórico da localidade, o tradicional desfile, xogos e animacións no Castelo, recreacións, cursos, charlas e actuacións musicais.

Comparte