Nova: A Xunta destina 500.000€ á mellora de 44 equipamentos culturais en toda Galicia

14/08/2025

A Xunta destina 500.000€ á mellora de 44 equipamentos culturais en toda Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve as axudas coas que colabora coa renovación de centros culturais, auditorios e bibliotecas, entre outros

As subvencións enmárcanse nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas no que traballa o Goberno galego

Entre as accións que se sufragan inclúense os traballos de mellora de accesibilidade e a adquisición de equipamento como material escénico, iluminación ou son

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver as axudas para a mellora de equipamentos culturais que, nesta convocatoria, contribúen á mellora de 44 infraestruturas de toda Galicia. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de 500.000€ destinada a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos.

Deste xeito, tal e como se publica no Diario Oficial de Galicia, estes apoios incrementarán a calidade da oferta cultural de 20 centros bibliotecarios, 13 centros ou locais socio-culturais, cinco casas da cultura, un salón de actos, tres auditorios, un xeoparque, un teatro coliseo, un museo e un pazo. Do total dos proxectos, 22 están na provincia da Coruña, 11 na de Lugo, 6 na de Ourense e 5 na de Pontevedra.

Esta convocatoria axudará a sufragar os gastos de reformas, obras de ampliación ou traballos de mellora da accesibilidade. Ademais, tamén poderán destinarse a adquirir equipamento como material escénico, iluminación, son ou audiovisual, entre outros.

Estas axudas enmárcanse no compromiso da Xunta por mellorar e impulsar o equipamento das unidades culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos en liña co futuro plan de modernización das infraestruturas culturais públicas de Galicia, a folla de ruta na que traballa o Goberno galego. De igual xeito, encádrase na Lei de cultura inclusiva e accesible que entrou en vigor a principios deste mesmo ano, pioneira a nivel europeo e que inclúe medidas para facilitar o acceso universal á programación cultural.

ANEXO. entidades locais subvencionadas para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

 

ENTIDADE

PROXECTO

Concello de Ourol

Mellora da accesibilidade no centro Social- cultural de Ourol

Concello de Monterroso

Mellora de tecnolóxicas e equipamentos na Biblioteca Pública Municipal

Concello de Muxía

Mellora nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal

Concello de Valga

Medidas de seguridade e protección incendios, e equipamentos BPM

Concello de Arteixo

Instalación-substitución de estores para protección da documentación da BPM

Concello de Trazo

Supresión de barreiras arquitectónicas no local social de Viaño Pequeno

Concello de Ferrol

Mellora do acondicionamento acústico da planta baixa da Biblioteca Pública Municipal

Concello de Ames

Equipamento para o pazo da Peregrina de Bertamiráns

Concello de Brión

Mellora do centro social Polivalente para actividades culturais

Concello de Mañón

Equipamento para a Biblioteca Publica Municipal

Concello do Carballiño

Investimento en medidas seguridade do Auditorio

Concello de Ponte Caldelas

Equipamento para a Biblioteca Publica Municipal

Concello de Santiso

Mellora de enerxética de novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña

Concello de Beade

Rehabilitación de centro para uso cultural no anexo do pavillón municipal

Concello de Bande

Equipamento xeral salón de actos cultura

Concello de Fene

Mellora equipamento Biblioteca Pública Municipal

Concello do Porriño

Proxecto de mellora de accesibilidade e eficiencia no centro Cívico

Concello das Somozas

Acondicionamento acústico do salón de actos do centro cívico sociocultural

Concello de Miño

Mellora das condicións de equipamentos e técnicas Centro Social A Rúa (BPM)

Concello de Maceda

Acondicionamento da Biblioteca Municipal

Concello de Trabada

Mellora da Accesibilidade e renovación do local social na parroquia de Sante

Concello de Cee

Adquisición de bucle magnético e divisores Auditorio da Casa da Cultura

Concello de Oza – Cesuras

Adquisición de equipamento para o Museo da Fonte

Concello de Cerdedo – Cotobade

Equipamento xeral do Auditorio e Biblioteca Municipal sitos na Casa da Cultura

Concello de Ortigueira

Mellora de equipamento da Biblioteca Pública Municipal

Concello de Cervo

Mellora de eficiencia enerxética funcionamento de local cultural na antiga escola Rúa

Concello de Trasmirás

Acondicionamento escola de Musica Casa da Cultura

Concello de Vila de Cruces

Medidas de prevención e protección contra incendios en local sociocultural

Concello de Carnota

Mellora das instalacións da Axencia de lectura municipal

Concello de Noia

Telón cortalumes e actuación prevención de incendios no teatro Coliseo Noela

Concello de Ribas do Sil

Mellora dos locais culturais do Xeoparque de

Concello de Corcubión

Mellora da eficiencia enerxética na Casa da Cultura

Concello de Burela

Adquisición de mobiliario para a Biblioteca Municipal

Concello de Antas de Ulla

Eficiencia enerxética para novas aulas de lectura na Antiga Casa do conserxe anexa a Casa da Cultura

Concello de Santa Comba

Equipamento para a Biblioteca Publica Municipal

Concello de Laracha

Mellora accesibilidade para a casa da Cultura

Concello de Chantada

Renovación do sistema de calefacción na Casa da Cultura (BPM)

Concello de Ordes

Equipamento da Biblioteca Pública Municipal

Concello de Xermade

Mellora da fachada posterior da Biblioteca Pública Municipal

Concello de Melide

Subministro e instalación d equipamento escénico no centro sociocultural Mingos de Pita

Concello de Outeiro de Rei

Mellora accesibilidade e eficiencia enerxética no centro cultural municipal

Concello de Zas

Equipamento cultural para Auditorio de Baio

Concello de Beariz

Equipamento informático na Biblioteca Pública Municipal de Beariz

Concello de Foz

Modernización e mellora da Biblioteca Pública Salgado Toimil

 

Comparte