Nova: Belén do Campo destaca na súa visita á Feira do Libro da Coruña o compromiso do Goberno galego coa lectura e co sector editorial

06/08/2025

Belén do Campo destaca na súa visita á Feira do Libro da Coruña o compromiso do Goberno galego coa lectura e co sector editorial

Este evento súmase ao calendario de feiras promovidas por toda Galicia, consolidándose como un dos principais escaparates da edición na nosa comunidade

A Coruña, 6 de agosto de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe a Feira do Libro da Coruña, unha cita cultural xa consolidada na cidade, organizada pola Federación de Librarías de Galicia co apoio do Goberno galego.

Durante a súa visita, a delegada destacou que esta iniciativa se enmarca dentro do compromiso da Xunta de dinamizar a lectura, apoiar ao sector libreiro e poñer en valor o traballo das grandes escritoras e escritores.

Baixo o lema “Onde florecen os libros”, a feira estará aberta ao público ata o domingo 10 de agosto, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 horas, ofrecendo unha ampla programación de actividades e encontros con autoras e autores.

“A Xunta aposta por fomentar o hábito lector desde todas as idades, por recoñecer o labor das librarías como espazos culturais vivos, e por seguir acompañando aos creadores e creadoras que fan da nosa literatura un orgullo”, asegurou a delegada.

A Feira do Libro da Coruña súmase ao calendario de feiras promovidas por toda Galicia, consolidándose como un dos principais escaparates da edición na nosa comunidade.

Comparte