Nova: A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo de Xustás, en Cospeito, que comezan este xoves

23/07/2025

A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo de Xustás, en Cospeito, que comezan este xoves

Lugo, 23 de xullo de 2025

A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo que se celebran na parroquia de Xustás, no concello de Cospeito, entre o xoves 24 e o sábado 26 de xullo.

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación dos concertos e actuacións previstas, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; e membros da comisión  organizadora. 

As orquestras e grupos que animarán os festexos deste ano serán Eureka, o día 24; Ritmo Joven e Talismán, o 25; así como Fuxsión Latina e Saudade, que pecharán a celebración o 26.

Comparte