Nova: López Campos remarca a importancia de iniciativas que “acheguen a Castelao ás novas xeracións”

17/07/2025

López Campos remarca a importancia de iniciativas que “acheguen a Castelao ás novas xeracións”

Santiago de Compostela, 17  de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou a relevancia de “achegar a Castelao, emblema da nosa identidade e cultura, ás xeracións novas”. Fíxoo hoxe na presentación do libro Castelao, entre nós. 75 anos despois, que se celebrou en San Domingos de Bonaval e na que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura destacou que esta obra, encadrada na programación do Goberno Galego con motivo do Ano Castelao “recolle unha escolma de máis de 40 persoeiros das nosas letras falando sobre un dos grandes símbolos de Galicia”.

Comparte