Nova: López Campos reúnese coa nova directiva da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil para explorar vías de colaboración

10/07/2025

López Campos reúnese coa nova directiva da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil para explorar vías de colaboración

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co novo equipo directivo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, presidido por Irene Penas, para abordar distintas vías de colaboración de cara aos vindeiros meses co obxectivo de seguir potenciando a produción destas publicacións destinadas ao público máis novo.

Así, o representante da Xunta comprometeuse a continuar co apoio do seu departamento a este colectivo co obxectivo de darlle visibilidade a un sector, o do libro infantil e xuvenil, que ten unha gran relevancia no ámbito do libro en Galicia, situando á Comunidade como unha das que máis obras deste tipo publica. 

Comparte