Nova: O CEP Salustiano Rey Eiras gaña o Concurso-Exposición Letras Galegas 2015

15/05/2015

O CEP Salustiano Rey Eiras gaña o Concurso-Exposición Letras Galegas 2015

A proposta, gañadora na modalidade de Infantil e Primaria, 'O vello profesor', distribúese en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior

Dá a coñecer a figura, a vida e a obra de Xosé F. Filgueira Valverde desde unha perspectiva didáctica e multidisciplinar

  • Vídeo (1) coas declaracións de Román Rodríguez
  • Caricatura de Xosé Filgueira Valverde feita por Siro López Caricatura de Xosé Filgueira Valverde feita por Siro López
  • Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega esta mañá ao CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal, do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 na modalidade de Infantil e Primaria Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega esta mañá ao CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal, do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 na modalidade de Infantil e Primaria

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 15 de maio de 2015.- Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega esta mañá ao CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal, do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 na modalidade de Infantil e Primaria, acadado polo traballo “O vello profesor”.

Nun ambiente distendido, o titular de Cultura e Educación da Xunta de Galicia animou aos nenos e nenas a falar en galego, porque "mentres vós faledes galego, o galego vai existir sempre", sinalou.

O conselleiro lembrou ao Xosé Filgueira Valverde docente, que dedicou a esta profesión catro décadas de traballo. E tamén a súa faceta de precursor da literatura infantil e xuvenil en galego, mercé a dúas obras, 'Os nenos' e 'Agromar', primeira peza teatral da literatura infantil e xuvenil galega da que temos noticia.

No acto participaron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Ventura; a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo; e mais a coordinadora central dos equipos de dinamización da lingua galega, Xulia Marqués. O grupo de traballo que participou na confección do proxecto recibiu un premio en metálico por importe de 2.000 euros e un diploma acreditativo.

As láminas, a guía didáctica e os marcapáxinas que conforman este proxecto están accesibles en http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde.

Dar a coñecer a figura das Letras Galegas desde o ensino
O departamento dirixido polo conselleiro Román Rodríguez contribúe deste xeito, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, á conmemoración do Día das Letras Galegas 2015 desde os centros de ensino non universitarios da súa titularidade, convocando anualmente un concurso-exposición arredor da figura homenaxeada, nesta ocasión, a de Xosé F. Filgueira Valverde.

Con esta iniciativa, a Consellería quere impulsar o estudo da obra de Filgueira Valverde, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto histórico do autor, incentivar a realización de actividades que fomenten a colaboración multidisciplinar e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado, e fornecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para a creación doutros.

Comparte