Nova: López Campos aborda coa súa homóloga en Andalucía vías de colaboración entre ambas as dúas comunidades

10/06/2025

López Campos aborda coa súa homóloga en Andalucía vías de colaboración entre ambas as dúas comunidades

Vigo, 10 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza coa consejera de Cultura y Deporte de Andalucía, Patricia del Pozo, para explorar distintas vías de colaboración entre ambas as dúas Comunidades co fin de levar a cabo proxectos conxuntos, aproveitando a cooperación entre os dous Gobernos autonómicos na exposición inaugurada onte no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Así, os responsables de cultura en Galicia e Andalucía abordaron distintas cuestións que teñen que ver coa posta en común de accións no ámbito expositivo, audiovisual ou das artes escénicas, así como no coidado e divulgación da Vía da Prata, que une ambos os dous territorios a través dos Camiños de Santiago.

Comparte