Nova: López Campos traslada á fundación Carlos Casares o compromiso da Xunta de continuar a colaboración coas súas actividades

23/05/2025
López Campos traslada á fundación Carlos Casares o compromiso da Xunta de continuar a colaboración coas súas actividades
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe co presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares, e co membro da súa directiva e fillo do escritor, Hâkan Olof Casares, aos que lles amosou o compromiso do Goberno galego de seguir mantendo a colaboración coas súas actividades.
No encontro, afondaron no traballo que está a realizar esta entidade, tanto na defensa, promoción e mantemento da figura literaria do recoñecido autor ourensán, como nas de dinamización e programación cultural. Neste senso, López Campos salientou o apoio que desde a Xunta se lle ten dado ao longo dos seus 23 anos de vixencia e que garantiu que “vai ter continuidade pola importante contribución e pulo que supón na cultura galega”.