Nova: Entrega do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo a Antonio López

03/05/2015

Entrega do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo a Antonio López

O acto tivo lugar na Deputación de Ourense, coincidindo co Día Internacional da Liberdade de Prensa

Ourense, 3 de maio de 2015.- Hoxe celebrouse o acto de entrega do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, que este ano recaeu no xornalista coruñés Antonio López. A entrega do galardón tivo lugar na Deputación de Ourense, coincidindo co Día Internacional da Liberdade de Prensa. Ao acto asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Este premio que anualmente convoca a Deputación ourensá para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao galardón, falecido en 1988, está dotado con 3.000 euros. O xurado ditaminou conceder por unanimidade o galardón a López polo seu traballo titulado “La madre de todas las vacunas”, sobre a figura de Isabel Zendal, a única muller que participou na primeira campaña mundial de vacinación. O xurado destaca da obra premiada “a gran calidade desta reportaxe histórica, a actualidade e o interese social que ten un tema como o das vacinas”.

 

Comparte