Nova: Cantos que veñen de lonxe recupera o Neira Vilas cantado

19/04/2015

Cantos que veñen de lonxe recupera o Neira Vilas cantado

O libro-cd recompila unha ducia de poemas escritos polo senlleiro autor de Gres e musicados polo tenor celanovés Xervasio Vázquez en 1960

  • Cantos que veñen de lonxe, libro-cd de Neira Vilas Cantos que veñen de lonxe, libro-cd de Neira Vilas

Lalín (Pontevedra), 19 de abril de 2015.- Esta tarde presentouse en Lalín do libro-CD “Cantos que veñen de lonxe”, unha iniciativa que recupera unha ducia de poemas escritos por Xosé Neira Vilas e musicados polo tenor celanovés Xervasio Vázquez, estreados en Montevideo en 1960.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu á presentación onde quixo recoñecer a figura de Neira Vilas, un “dezao universal” que mantivo viva e mesmo impulsou a cultura galega en América en tempos complexos para esta. Román Rodríguez lembrou que, ao mesmo tempo, o senlleiro escritor de Gres exerceu de ponte entre as dúas beiras do Atlántico. Esta publicación é, por tanto, unha mostra de recoñecemento ao seu labor.

Os poemas, editados por eMe Audiovisuais, rexorden agora grazas á colaboración do tenor Cesáreo Torres e o pianista Alejo Amoedo, encargados de pórlle música. A publicación queda redondeada cunhas ilustracións do artista mindoniense Xosé Vizoso.
 

Comparte