Nova: Román Rodríguez asiste á estrea en Galicia do espectáculo 'Manuela Rey is in da house'

14/03/2024

Román Rodríguez asiste á estrea en Galicia do espectáculo 'Manuela Rey is in da house'

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela á estrea en Galicia de Manuela Rey Is In Da House, o espectáculo producido entre o Centro Dramático Galego, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional  São João do Porto que recupera a esquecida figura da actriz orixinaria de Mondoñedo, estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX.

Acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o titular de Cultura compartiu co público e co equipo artístico galego-portugués da montaxe a súa primeira función nun escenario galego, despois da súa anterior estadía en Portugal, onde voltará nos vindeiros meses para levar a cabo representacións en festivais destacados do Porto, Almada e Lisboa. Con dirección escénica e dramaturxia de Fran Núñez e coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude para facer a obra adaptable a persoas con discapacidade, a peza afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta e na súa estreita relación coas principais estruturas da escena lusa como unha das primeiras actividades do ano no que o Centro Dramático Galego celebra o seu 40º aniversario.

Comparte