Nova: A Xunta e a Fundación José Manuel Lara estimulan o hábito lector do alumnado co certame O meu libro preferido

06/06/2023

A Xunta e a Fundación José Manuel Lara estimulan o hábito lector do alumnado co certame O meu libro preferido

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director da Fundación José Manuel Lara, Pablo Morillo, participaron hoxe na entrega dos premios da primeira edición do certame O meu libro preferido, no que a Xunta colabora con esta entidade para estimular a lectura entre o alumnado de 1º e 2º de ESO. “Este hábito está asentado en Galicia, pero sempre hai que celebrar novas iniciativas como esta para incentivar un dos costumes que máis transforma a nosa forma de ver o mundo”, dixo.

Na modalidade de relato en castelán resultaron gañadores Inés Méndez Seijo (IES Ánxel Fole, Lugo), Leo González López (IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras), Ezechiel González Rodríguez (CPR Plurilingüe Sagrada Familia, Vilagarcía de Arousa) e Sara Martínez Ferrero (Colexio Santo Domingo FESD, A Coruña). Na modalidade de relato en galego foi premiada Sara Freire Lanjarón (Colexio María Auxiliadora, Lugo), mentres que na de booktrailer o mellor foi o de Nicolás García Recarey (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños). O representante da Xunta quixo felicitar aos galardoados e convidalos a seguir na mesma liña lectora. Así mesmo, agradeceu aos docentes premiados en conxunto cos seus alumnos o seu esforzo para fomentar este hábito.

Comparte