Dálle Xogo
O centro comercial Área Central será o escenario, neste mes de novembro, da I Edición
do Festival Dálle Xogo, un evento dedicado integramente ao mundo dos xogos de mesa e o
ocio sen pantallas. O festival reunirá a editoriais, creadores, divulgadores i entidades locais
nun espazo aberto a todas as idades, pensado para gozar, aprender e compartir ao redor do
xogo de mesa.
A Xunta e a asociación Itineris colaboran para animar este venres o barrio da Tinería cunha xornada de ‘Cantos de taberna’
Lugo, 23 de setembro de 2025
O barrio da Tinería acollerá este venres, 26 de setembro, unha sesión de Cantos de Taberna organizada pola asociación de empresarios Itineris co patrocinio da Xunta. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da iniciativa xunto con Isabel Lozano, presidenta do colectivo.
A cita comezará cun obradoiro de pandeireta ás 18,00 horas; seguido doutro de baile tradicional a partir das 19,00 horas. Ambos son gratuítos e van dirixidos a participantes maiores de 12 anos, con inscrición previa.
Resolución provisional das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas
Trasnadas
Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar.
Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas.
Queres saber máis?
Duración: 45 min.
Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.
Salón de actos
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.
Marosa e Mariña camiñan a Compostela
Na Catedral de Santiago andan cun problema ben gordo!!! Rompeu a corda do botafumeiro!!!
A osa Marosa e a toupiña Mariña farán o Camiño a Compostela para arranxar esa lea…
Duración: 45 min.
Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.
Salón de actos
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.
Quebracabezas
Co tema Museos pola igualdade: diversidade e inclusión, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan.
Quen son e que fago
Outro xeito de ver ou Museo por dentro sen saír dá casa. Ou Museo Arqueolóxico de Ourense tamén ofrecerá unha montaxe co persoal de todo ou Museo, presentándose e contando cal é a súa labor non Museo. Así podemos ofrecer á sociedade de xeito virtual unha humanización do traballo e un achegamento ao que se fai detrás, moi descoñecido para ou público cando se achega de forma física ao Museo.
Voces do Museo
Elaborarase tamén un vídeo testemuñal protagonizado por distintos personaxes procedentes de diversos ámbitos da sociedade, vinculados dalgunha forma co museo e os seus fondos, tanto como espectadores como colaboradores directos.
Concedidos os Premios da Cultura Galega 2017
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017.- Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Óliver Laxe, o proxecto Apego, a Fundación Rosalía de Castro e Cristina Pato son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2017, nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultura e Proxección Exterior, respectivamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- seguinte ›
- última »
Premios da Cultura Galega