Concerto de Man de Santo

Grupo lucense nacido en 2016. Amantes dos ritmos tradicionais xamaicanos como o reggae, o ska ou o rocksteady. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, Laurel Aitken ou The Specials, son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de temas tradicionais adaptados ó estilo xamaicano. Convidados a prestixiosos festivais como o Ska All Night -organizado pola produtora V- Rocket- ou el Bless Festival compartindo escenario co gran Bitty McLean.

Galego

A Xunta continúa a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra no Museo do Mar de Galicia

Vigo, 22 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a mostra Luísa Villalta. A música das palabras, coa que a Xunta segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Galego

A Xunta e a USC investigan o xacemento de corro dos mouros, en Lugo, que data do final da Idade de Bronce

Lugo, 22 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) levan a cabo un traballo conxunto de investigación sobre o xacemento de Corro dos Mouros, en Santa María Madalena de Adai (Lugo), unha estrutura singular cuxa construción corresponde ao final da Idade de Bronce.

Os resultados de dúas mostras analizadas por carbono 14 sitúan a fase de construción deste xacemento arqueolóxico no século XIII antes de Cristo, continuando a súa ocupación no séculos X e IX antes de Cristo. 

Galego

O Centro Dramático Galego estrea na MIT de Ribadavia o espectáculo ‘Nada se sabe’ en coprodución con Culturactiva

Ribadavia (Ourense), 22 de xullo de 2024

O Centro Dramático Galego presenta este venres un pioneiro espectáculo arredor da inclusión, creado xunto á produtora Culturactiva como parte das actividades do seu 40º aniversario. A estrea absoluta será este venres 26 de xullo, ás 23,00 h., no Auditorio Rubén García do Castelo de Ribadavia dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro (MIT), que nesta edición está a celebrar tamén as súas catro décadas de traxectoria e para a que o Concello ribadaviense volve contar co apoio da Xunta.

Galego

O plan de arquivos da Xunta de Galicia executou máis de 100 medidas nos seus dous primeiros anos

 

    A Xunta de Galicia, no seu obxectivo de modernizar e optimizar a xestión do servizo de arquivos, executou xa máis de 100 medidas incluídas no Plan de Arquivos 2022-2026. Trátase da folla de ruta posta en marcha polo Goberno galego para mellorar a xestión da información arquivada pola Administración autonómica e cuxo grao de cumprimento foi avaliado polo Consello da Xunta no ecuador da súa execución.

     

    Galego

    A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector

    Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2024

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 cunha achega total de 80.000 euros, 30.000 máis que en 2023.

    Galego

    Anxo M. Lorenzo participa da Festa da Palabra na Insua dos Poetas con homenaxe a Méndez Ferrín

    O Carballiño (Ourense), 20 de xullo de 2024

    O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo destacou hoxe na décimo sexta edición da Festa da Palabra, que se celebra na Insua dos Poetas do Carballiño, a “gran demostración da nosa riqueza cultural, lingüística e literaria que supón este encontro xa emblemático no verán galego”. Ademais, engadiu, “a contorna natural dálle un valor engadido a esta cita coa literatura, a arte e a música”.

    Galego

    O Gaiás amplía as visitas comentadas ante a elevada demanda no inicio da exposición ‘Unha vida viquinga’ e nos ultimos días de ‘Tesouros reais’ en España

    Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2024

    A Cidade da Cultura vén de ampliar a oferta de visitas comentadas a dous dos grandes proxectos expositivos da Xunta de Galicia deste ano, Unha vida viquinga e Tesouros reais, ante a elevada demanda de público interesado en participar nestes percorridos guiados polo equipo de Educación do Museo Centro Gaiás.

    Galego

    Páxinas

    Subscribirse a Cultura de Galicia RSS