Evento: Queen Revolution

Queen Revolution
venres, 26 maio, 2023 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Queen Revolution

Concerto tributo a Queen.

A banda italiana Queenuendo presenta un dos mellores espectáculos homenaxe a Queen do momento en Europa. Cunha xira renovada e un show cheo de cor e de interacción permanente co público. Cambios de vestiario, vídeo proxeccións e todos os éxitos de Queen en case dúas horas dun espectáculo que vira co nome de QUEEN REVOLUTION, como proxecto que se prolongará durante o ano 2023.

A banda está liderada por Nino Bolletieri (Nix Mercury), no papel de Freddie. É profesor de piano e canto e achega ao show, ademais dos seus coñecementos para interpretar como poucos a Mercury en vivo, en voz e piano, un parecido físico co orixinal que axuda a xogar co espectador en canto á cuestión estética. 

  • Queen Revolution

Máis eventos de tipo Concerto

A banda no rock
20 de agosto
Parroquia de Manduas (Bandeira)
Terapia de Grupo
20 de agosto
Rúa Rosalía de Castro
Pili Pampín
21 de agosto
Pena de Francia
Deitado na area
21 de agosto
Parque Irmáns Dios Mosquera (ou Auditorio en caso de mal tempo)