Evento: Capela Antiga do Orfeón Terra A Nosa
Capela Antiga do Orfeón Terra A Nosa
domingo, 29 marzo, 2015 - 21:00
Igrexa de San Miguel dos Agros,
Santiago de Compostela Capela Antiga do Orfeón Terra A Nosa
Interpretación de pezas de figuras transcendentais como Palestrina, Morales, Guerrero, Victoria ou Desprez
Camiño dos seus cincuenta anos de historia, unha institución de referencia na vida musical compostelá como o Orfeón Terra a Nosa presenta, a través da súa Capela Antiga, un programa de polifonía coral vinculado á catedral de Santiago. Himnos, matíns, cantos para procesións (incluída a procesión de Ramos no seu día), misas e vésperas conservadas nos arquivos do templo compostelán altérnanse con composicións de afamados mestres, transcendentais figuras na historia da música, como Palestrina, Morales, Guerrero, Victoria ou Desprez.
Este concerto forma parte do Festival de Músicas Contemplativas que se celebra en lugares emblemáticos de Santiago de Compostela.
Máis eventos de tipo Concerto