Evento: Os vestixios

Os vestixios
mércores, 30 novembro, 2022 - 19:00
Numax,
Santiago de Compostela

Os vestixios

Proxección da película de Rosa Taboada.

Vestixio, do latín vestigium, significa pegada, resto, pero tamén indagar. A través de imaxes de grande beleza poética, a guionista e directora Rosa Taboada recrea toda a atmosfera escurantista dunha época da historia do noso patrimonio relixioso e, ao mesmo tempo, dálle continuidade no tempo presente.

A curtametraxe aposta por describir en primeira persoa as sensacións interiores que se experimentan ao entrar por primeira vez nos espazos do templo durante o tempo da noite, sen visitantes, tratando de atopar as pegadas e vestixios do Reino Medieval que chegaron ata o nosos días.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra