Evento: Keltoi
Keltoi
Keltoi é unha banda de Vigo que cantan en galego e castelán, e formouse a finais de 1995. En 1997 colaboraron na compilación Oito anos de sequestros co tema "Galeg@s", e meses máis tarde apareceu a súa primeira maqueta, titulada Casco lanuxe.
A mediados do ano 2000 Sime volveu a Galicia, e Keltoi reiniciou as actividades, sendo un dos primeiros traballos a gravación de catro cancións para a compilación "Estar de Sitio". Durante os seguintes anos produciuse o período de máis actividade da banda, saíndo a tocar varias veces fóra de Galicia e actuando con bandas xa consagradas do xénero como Dropkick Murphys ou The Real Mckenzies.
Pero debido a que o guitarrista Mikele toca coa banda Soak e o batería Kino con Skacha, e tamén ás novas responsabilidades dos membros do grupo, finalmente decidiron disolverse, facendo o seu concerto de despedida o 17 de xaneiro de 2005, xunto coas bandas Malas Cartas e Frontkick.
Máis eventos de tipo Concerto


