Evento: Diálogo co coreógrafo e investigador Javier Martín

Diálogo co coreógrafo e investigador Javier Martín
venres, 2 decembro, 2022 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Diálogo co coreógrafo e investigador Javier Martín

No marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte”

No marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte” a biblioteca cede o espazo para a realización dun encontro co coreógrafo e investigador Javier Martín, que desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemolóxico e crítico arredor das artes do movemento. Situado na creación coreográfica e performativa, atopa as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e nas súas aplicacións (escrita, conferencias performativas, laboratorios, grupos de investigación, etc).

Desde os tempos de Sigmund Freud, a psicanálise deu gran importancia á arte e aos artistas, nos que descubriu unha proximidade ao inconsciente. Por iso, afirmou: “Poetas e filósofos, antes ca min, descubriron o inconsciente”. E Jacques Lacan convidou aos psicanalistas a aprender dos creadores, xa que son eles os que, nunha liña moi próxima á propia psicanálise, atoparon un saber facer que pon en práctica algo que ten que ver co imposible de dicir. Así, este proxecto nace non só dun desexo común de poñer en conversa estes dous discursos, senón tamén de contribuír a facer da nosa cidade un espazo de encontro, un espazo vivo e xeneroso que favoreza o vínculo social.

No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés