Evento: Sintiéndolo mucho

Sintiéndolo mucho
luns, 28 novembro, 2022 - 15:45
Numax,
Santiago de Compostela

Sintiéndolo mucho

Proxección da película documental de Fernando León de Aranoa.

Sintiéndolo mucho é un retrato de Joaquín Sabina sen sombreiro, feito a moi poucos centímetros da súa pel, con nocturnidade e aleivosía, polo seu amigo, o cineasta Fernando León de Aranoa.

Un relato como a súa voz, áspero e sen ecualizar, que conta sen atenuantes a intimidade do artista, as súas bambolinas, a súa cara B. Que comeza cando baixa do escenario, que a acompaña no cotiá, e así no inesperado: na risa e no drama.

Sintiéndolo mucho é o resultado de trece anos de rodaxe xuntos, e percorre todos os escenarios de Joaquín Sabina, públicos e privados, luminosos e ocultos. Un percorrido polas chaves da súa vida e do seu traballo: polo que o move, polo que o inspira, polo que lle doe, desenvolto sempre a partir de situacións vivas, compartidas, entre músico e cineasta.

  • Sintiéndolo mucho

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Danza no foco
24 de outubro
Filmoteca de Galicia
El niño
24 de outubro
Filmoteca de Galicia
Van Gogh
25 de outubro
Filmoteca de Galicia