Evento: Peza do mes: "FOTOGRAFÍA ANTIGA DAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA" realizada por Vicente Rodríguez Gracia.

  • FOTOGRAFÍA ANTIGA DAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA
Peza do mes: "FOTOGRAFÍA ANTIGA DAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA" realizada por Vicente Rodríguez Gracia.
martes, 1 novembro, 2022 a mércores, 30 novembro, 2022
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: "FOTOGRAFÍA ANTIGA DAS TERMAS DA CHAVASQUEIRA" realizada por Vicente Rodríguez Gracia.

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, artísticos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A fotografía móstranos o río Miño no seu encadramento montañoso tomada desde a beira dereita preto do afloramento da Chavasqueira prope a capital. Obsérvanse pequenas charcas formadas na desembocadura das augas termais e un grupo de persoas que as aproveitan.

A data da fotografía pódese precisar no primeiro lustro dos anos 50 do pasado século, xa que a construción máis destacable no monte do fondo é o Seminario Maior (comezado a construír polo bispo Blanco Nájera en 1950 e rematado e inaugurado polo bispo Temiño Sáiz en 1953).

Esta fotografía, depositada na colección do Museo Arqueolóxico, está acompañada doutras tres tomas: unha que destaca pola fileira de bañistas envoltos en mantas, toallas e albornoces, e outras dúas que retratan o templete, dentro do cal se producía o afloramento termal.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode ver máis información sobre esta fotografía, nun estudio, neste caso, a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello