Evento: Festa de época - Baile Orgullo e Prexuízo no 'Circo de Artesáns'

Festa de época - Baile Orgullo e Prexuízo no 'Circo de Artesáns'
sábado, 22 outubro, 2022 - 17:00
Circo de Artesáns - San Andrés, 36 ,
A Coruña

Festa de época - Baile Orgullo e Prexuízo no 'Circo de Artesáns'

O sábado 22 de outubro Arte Viva organiza, no Circo de Artesáns da Coruña, o "Baile de Orgullo e prexuízo", unha festa de disfraces temática inspirada na época de Jane Austen, os Bridgeton, Emma...unha continuación dos emblemáticos bailes do Circo de Artesáns.

Durante a velada desfrutaremos de concursos de disfraces, photocall, coreografías dos Bridgeton e versións clásicas de cancións coñecidas.

 

Para maior desfrute deste evento, este mes organizaremos diferentes obradoiros no Circo de Artesáns para preparar os traxes e aprender algunhas coreografías.

 

-Os martes (20:00-21:00), clases de coreografías dos Bridgerton

-Os venres (19:00-20:00), taller de deseño e preparación dos disfraces, no que contaremos co asesoramento da deseñadora Tamara Sanjurjo.

 

Se queres reservar a túa entrada, inscríbete enviando un correo a artevivagalega@gmail.com

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola