Evento: Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xogar, aprender, medrar
Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.
Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
8 de agosto, 20:30
Campo da Festa de Alongos (en colaboración co GDR Adercou) - Toén - Ourense
13 de agosto, 19:00
Área recreativa de Bembibre - Val do Dubra - A Coruña
13 de agosto, 19:00
Área recreativa de Bembibre - Val do Dubra - A Coruña
14 de agosto, 19:00
Praza Les Sables D'Olonne - A Laracha - A Coruña