Evento: Suelen Estar & the Soul Machín en concerto

Suelen Estar & the Soul Machín en concerto
sábado, 5 novembro, 2022 - 21:30
Borriquita de Belém,
Santiago de Compostela

Suelen Estar & the Soul Machín en concerto

Suelen Estar & the Soul Machín lanzan sobre as cordas músicas que non adoitan estar alí. Nesta extrañeza dan nova vida a cancións de diversas procedencias e estilos que todas coñecemos pero non deste xeito.

Contrabaixo, violonchelo, dous violíns, batería e voz, xuntos para xogar e viaxar entre diferentes linguaxes musicais. Temas dalgunhas das artistas mais representativas dos Soul femenino e boleros de Antonio Machín arranxados en exclusiva para esta formación polo compositor Pablo Sanmamede. Un xeito sorprendente de redescubrir a que soan os clásicos reencarnados neste inédito formato sonoro a través dunha mirada máis contemporánea.

  • Suelen Estar & the Soul Machín

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5