Evento: Sabela King and The HeartBreakers

Sabela King and The HeartBreakers
xoves, 9 febreiro, 2023 - 21:00
Sala Riquela,
Santiago de Compostela

Sabela King and The HeartBreakers

Concerto de blues, country e soul.

A potente voz de Sabela King arroupada polas atmosferas sonoras creadas polos Heartbreakers encherá o escenario da Capela do Torrente Ballester nun espectáculo que transita polos clásicos do blues, o country e o soul, pero tamén por moitos dos temas do seu primeiro disco, con composicións propias e versións moi persoais de temas de reputados artistas como Sam Cooke ou Johnny Cash. O respecto ás linguaxes das músicas populares, pero sen esquecer influencias máis modernas, son os sinais de identidade desta banda que percorreu a xeografía galega a través de máis de douscentos concertos, participando en escenarios como o Outono Códax Festival, o Fisterra Blues Experience ou no Feito a Man.

Máis eventos de tipo Concerto

As historias de Bemol Pequeno
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Atravessia
29 de marzo
Borriquita de Belém
RFG París-Roma
30 de marzo
Avenida do Burgo das Nacións