Evento: El viento se levanta/ Kaze tachinu
El viento se levanta/ Kaze tachinu
Xapón-Estados Unidos, 2013
Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Produción: Studio Ghibli e Buena Vista.
Duración: 125 minutos.
El viento se levanta narra a historia de Jiro Horikoshi, o home que deseñou varios cazas xaponeses durante a 2ª Guerra Mundial e como o seu traballo choca co seu espírito sensible e apaixonado. Todo iso co trasfondo da emocionante historia de amor que mantivo ao lado da súa muller nos peores momentos das súas vidas.
É unha película singular dentro da filmografía de Miyazaki, non só porque con ela anuncia que se retira do mundo do cine senón tamén porque é a primeira vez que Miyazaki prescinde de todos os seres fantásticos que poboan os seus relatos para centrarse en personaxes reais para construír a historia. De novo o anhelo de voar, unha constante en todo o seu cine, protagoniza o sono de Horisoki e as contradicións que poden xurdir entre perseguir os sonos e as posibles consecuencias. A partir de 10 anos.