Evento: Cadernos de cores e cancións
Cadernos de cores e cancións
Cadernos de cores e cancións
Espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal
“Cadernos de cores e cancións” é un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.
Máis eventos do ciclo FalaRedes
7 de agosto, 20:30
Praza da Mariña - Burela - Lugo
7 de agosto, 20:30
Praza da Mariña - Burela - Lugo
8 de agosto, 20:30
Campo da Festa de Alongos (en colaboración co GDR Adercou) - Toén - Ourense
13 de agosto, 19:00
Área recreativa de Bembibre - Val do Dubra - A Coruña