Evento: Cadernos de cores e cancións

Cadernos de cores e cancións
venres, 25 novembro, 2022 - 18:00
Casino de Noia,
Noia

Cadernos de cores e cancións

Espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal

“Cadernos de cores e cancións” é un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas. A muller orquestra
28 de novembro, 19:00
Auditorio Municipal - Valga - Pontevedra
Consello de Galiza
28 de novembro, 20:00
Sala Azul do edificio Arquivo - Betanzos - A Coruña
Os Bolechas. A muller orquestra
29 de novembro, 12:00
Centro Social da Rúa - Miño - A Coruña
Os Bolechas. A muller orquestra
29 de novembro, 18:00
Casa da Cultura - Cariño - A Coruña