Evento: Robópolis

Robópolis
venres, 1 xullo, 2022 a mércores, 31 agosto, 2022
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Robópolis

Campamento de robótica

CAMPAMENTO ROBÓPOLIS

Co fin de facilitar a conciliación das familias viguesas, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel acollerá un campamento de robótica que se realizará de luns a venres non festivos durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos. O campamento Robópolis ten como obxectivos conseguir a diversión a través da imaxinación dos participantes e aprender coas novas tecnoloxías mediante robots adecuadamente preparados para o uso e a aprendizaxe de rapaces de todas as idades.

Inscrición: desde o 23 de xuño na biblioteca ou nos teléfonos 886120445 / 886120440.

Datas: 8 quendas semanais:

1-8 de xullo

11-15 de xullo

18-22 de xullo

26-29 de xullo

1-5 de agosto

8-12 de agosto

17-23 de agosto

24-31 de agosto

Idades: tres grupos de idade en cada quenda:

De 4 a 5 anos
De 6 a 8 anos
De 9 a 10 anos

Lugar: sala infantil da biblioteca.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro xoguetes de papel
30 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro infantil de Astronomía
3 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Que e unha boa foto
6 de outubro
Centro Ágora