Evento: Constelación Luz. Luz pozo Garza (1922-2022). Poesía, Arte e Vida

  • Conferencia Luz Pozoz Garza
Constelación Luz. Luz pozo Garza (1922-2022). Poesía, Arte e Vida
mércores, 15 xuño, 2022 - 14:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Constelación Luz. Luz pozo Garza (1922-2022). Poesía, Arte e Vida

O Arquivo de Galicia comprácese en convidar a vostede a participar na Conferencia e Mesa redonda Inaugural dos actos de celebración do Centenario de Luz Pozo Garza que terá lugar o martes 21 de xuño, de 11 a 13 horas.

Lugar: Auditorio Neira Vilas

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

Santiago de Compostela

 

Conferencia inaugural a cargo de Xesús Alonso Montero (11-12 h.)

“Luz Pozo Garza e os seus poemas sobre Rosalía de Castro. (Un dos grandes capítulos da singular obra poética de Luz Pozo Garza: o extenso corpus de poemas nos que a autora se debruza sobre algúns episodios biográficos de Rosalía de Castro e sobre bastantes textos seus, sempre á procura da condición tráxica, dos enigmas e da radical orfandade da escritora)” 

 

Mesa redonda sobre a súa obra literaria (12-13 h.). Intervirán:

Xosé María Álvarez Cáccamo,

"Luz Pozo Garza. Claridade, fondura, elegancia"

Claudio Rodríguez Fer,

“Traxectoria simbolista dunha poeta vital”

Olivia Rodríguez González,

"A poesía finxidora de Luz Pozo Garza

 

Esta actividade complementa a exposición organizada polo Arquivo de GalicIa, inaugurada o día 9 de xuño con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, Constelación Luz. Luz pozo Garza (1922-2022). Poesía, Arte e Vida

 

Pódese facer Inscrición previa a través do portal da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, chamando ao teléfono 881999661 ou mándando unha mensaxe a esta dirección de correo: arquivogalicia.cultura@xunta.gal

O acto será de entrada libre ata completar aforo.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas
12 de marzo a 10 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo
8 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada
29 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal