Evento: Ortiga e convidados: Día da Música 2022

Ortiga e convidados: Día da Música 2022
venres, 24 xuño, 2022 - 21:00
Praza Central,
Santiago de Compostela

Ortiga e convidados: Día da Música 2022

Concerto para celebrar o Día da Música.

Para celebrar o Día da Música, este mes de xuño queremos facervos bailar. E quen mellor que Ortiga, o responsable de renovar o espírito da verbena galega a golpe de autotune, guitarra e secuenciadores, para facernos menear o bullarengue. O músico compostelán actuará o día 24 de xuño ás 21 horas na Cidade da Cultura, nun concerto de balde no que presentará o seu segundo álbum «Sabes el camino que elegí» (Ernie Records, 2021).

Neste novo disco, Manuel González, «Chicho» –o artífice de Ortiga–  mantén a súa aposta por ligar os ritmos latinos cos sons da música urbana, na liña do cumbiatune, estilo persoal que creou dentro do dúo Esteban & Manuel e perfeccionou no seu debut en solitario «Chicho & sus Chichas» no 2019. Mais Ortiga non se detén na fórmula que o catapultou a percorrer España de festival en festival, senón que busca ampliar a súa paleta de ritmos, incorporando a salsa, o funk e incluso o pop nos seus temas, sempre coa vista posta en que non quede ninguén sen moverse no público.

O de non parar quieto é algo que tamén se pode aplicar á traxectoria deste músico, cantante e compositor compostelán. De aí os seus outros proxectos musicais, Los rastreadores (con Grande Amore) e Boyanka Kostova (con Cibran García) e as colaboracións con artistas como Rodrigo Cuevas («La magia de tu melena») ou este mesmo ano a revisión da canción popular «Eu chorar chorei», a dúo coa veterana da verbena galega, Pili Pampín. 

  • ORTIGA & PILI PAMPÍN

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo