Evento: Intuición

Intuición
venres, 24 xuño, 2022 - 20:00
Teatro Ensalle,
Vigo

Intuición

Concerto de rock.

Intuición é un canto á observación, á música e á amizade. A sobrevivir, en definitiva. En palabras do majorero -Elixín Intuición como título porque me parece que é nela onde reside a esencia da miña vontade creativa (?). Efectivamente, o disco aborda cuestións múltiples pero sempre desde unha inquietude poética, unha reflexión imprecisa e bela pola que subxace a sabotaxe visceral ao obvio. A intuición ábrese paso na súa máxima expresión e, ante o reto da paternidade (Deidade) -coa seguridade de non ter nada claro (Accidentes)-, anhela a viaxe pola viaxe (Xeometría/ Xeoloxía). O lastre do raciocinio (Aprender-Desaprender) tórnase volcán pero, cal vertixe do músico fronte á experiencia escénica, é arrasado polo mar, purificado en salitre. Transcendemos. Chegamos a unha montaña onde os podomorfos están tan integrados na roca que é case imposible o seu achado de día (de noite é cando emerxen da traquita, cuberta polo líquen). Será sobre as pegadas dos nosos devanceiros, onde vos reciban as bruxas de Tindaya. Aquí espérovos.

 

  • FAJARDO Intuición

Máis eventos de tipo Concerto

Cambia o conto
26 de agosto
Praza da Constitución
Consertasso na horta 
27 de agosto
Piscina Municipal
Tributo 70's e 80's
27 de agosto
Praza de Galiza
Lingua Urbana
28 de agosto
Monte Gaiás, s/n