Evento: Anfitrionas. Crónicas y cronistas de salones 1890-1930

  • anfitrionas
Anfitrionas. Crónicas y cronistas de salones 1890-1930
xoves, 26 maio, 2022 - 18:00
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán,
A Coruña

Anfitrionas. Crónicas y cronistas de salones 1890-1930

Presentación da obra de Marisol Donís

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (rúa Tabernas, 11 – A Coruña) acolle mañá xoves, 26 de maio, ás 18:00 horas, a presentación de Anfitrionas: crónicas y cronistas de salones 1890-1930. A autora, Marisol Donís, estará acompañada pola conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso.

Marisol Donís e Xulia Santiso conversarán sobre unha obra que profunda nunha das poucas ocupacións nas que as mulleres da burguesía e da aristocracia europea podían ser protagonistas e mais na aparición dun novo xénero xornalístico arredor dela: a crónica social.

As reunións sociais nos propios domicilios destas mulleres, ao desenvolvérense en espazos afastados das institucións controladas polos homes, resultaron empequenecidas pola historiografía, “pero a sociabilidade, a intelixencia e a educación da anfitrioa empregábase na procura dunha atmosfera cultivada e activa”, salienta Xulia Santiso.

Foi o caso dos encontros organizados por Emilia Pardo Bazán, unha das mulleres das que fala Marisol Donís no volume editado por Turner. A escritora fixo do seu fogar na rúa Tabernas da Coruña e no da rúa San Bernardo de Madrid lugares de encontro de numerosos persoeiros da vida política e cultural do momento. “Atender as pegadas de Emilia Pardo Bazán nesta faceta achega información sobre como ela mesma constrúe o seu propio lugar no mundo”, engade a conservadora.

Os outros protagonistas do libro son os cronistas de salóns –entre os que se atoparon dende Bécquer ata Juan Valera–, creadores dunha nova forma de facer xornalismo e xermolo da actual prensa rosa.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas