Evento: Álvaro Vieito Quartet

Álvaro Vieito Quartet
venres, 24 xuño, 2022 - 21:00
Barrio de San Bieito ,
O Porriño

Álvaro Vieito Quartet

Concerto de blues e jazz.

Devayu é o novo proxecto de Álvaro Vieito. Unha sesión de estudo rexistra un fresco repertorio de cancións orixinais compostas para esta formación. Un novo lugar inspira melodías que evocan cheiros, gamas de cores e sensacións difíciles de expresar con palabras pero quizais non tanto con música.

A banda está formada por Álvaro Vieito á guitarra e composicións, Javier Ortí ao saxo tenor, Javier Delgado ao contrabaixo e Nacho Megina á batería. Entre todos, despregan un jazz moderno cheo de referencias á tradición (hardbop, cool) e á vangarda (Third Stream, fusión), con temas principalmente exentos de tensión, desenvoltos con calma para gozar oíndoos e (supoño) tocándoos.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Orixes
28 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Traspielas
29 de maio
Rúa Nova, 22
Una noche con Los 3 Tenores
30 de maio
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro