Evento: Lúa quere viaxar a… Marte!

Lúa quere viaxar a… Marte!
venres, 30 setembro, 2022 - 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Ordes,
Ordes

Lúa quere viaxar a… Marte!

Espectáculo infantil.

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte!. 

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 

Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Pan de broa
25 de outubro
Auditorio da Casa da Cultura