Evento: A cor das palabras: Helena Girón e Samuel M. Delgado

A cor das palabras: Helena Girón e Samuel M. Delgado
domingo, 15 maio, 2022 - 11:30
Numax,
Santiago de Compostela

A cor das palabras: Helena Girón e Samuel M. Delgado

Encontro coa directora galega e o canario.

Unha semana despois do estupendo encontro coa montadora Ana Pfaff, celebramos a segunda cita do ano co encontro A cor das palabras, un ciclo organizado polo Concello de Santiago e NUMAX que permite ao público da cidade coñecer de preto o proceso creativo dalgúns dos creadores máis suxestivos do cinema actual. O domingo 15 de maio será a quenda de Helena Girón e Samuel M. Delgado que nesta fin de semana estrean en salas Eles transportan a morte, magnético relato alternativo ao mito das viaxes de Colón filmado entre Galicia e Canarias, terras de orixe dos cineastas. O filme chega á carteleira tras un percorrido exitoso en festivais, con premios en Venecia e Donostia entre outros certames.

O encontro leva por título Volcáns, ruínas, cinzas, lava, reverdecede. Campos queimados, cubrídevos de flores, e preséntase desta maneira polos seus autores: «Pensamos o cinema como unha invocación, como un lugar no que o tempo e o espazo estalan, dando pé a lecturas novas e visións alucinadas. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Presentación do libro "Retrato de tres mujeres"
13 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: El silencio del Alma
24 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Conferencias sobre a figura de Valle Inclán no Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno
29 de outubro a 10 de decembro
Museo de Belas Artes