Evento: Loro Facu 2022: Mundo Prestigio

Loro Facu 2022: Mundo Prestigio
sábado, 6 agosto, 2022 - 21:00
Miño-Avda de Xario,
Miño

Loro Facu 2022: Mundo Prestigio

Festival de música independente

Mundo Prestixio nace en 2019 en Vigo  como a reconversión de Jay, formación de noise rock integrada por Ju,  Brais, Fiz e Fer, membros de bandas como Disco as Palmeiras!, Dois ou Seda. . As novas inquietudes musicais, cimentadas sobre a técnica do sampling e cunha clara dirección cara ao hip hop, levou aos catro membros da banda para facer borrón e conta nova e a crear este novo proxecto a medio camiño entre unha banda e un grupo de produtores. 

Un ano despois, Mundo Prestixio conta con dous EPs ("Mundo Prestixio EP" 2019 e "Os Vengadores" 2020) producidos por Hevi  (Malandrómeda e Fluzo) nos que se combinan pasaxes instrumentais con colaboracións como as de Cibrán  (Boyanka Kostova), Nuno (Oh Ayatollah, Grande Amore) e Guillermo Zapata (Bifannah). 

  • Mundo Prestigio (feat. Grande Amore) - Mundo Nuno

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos