Evento: Naxos I. Drama en tres queixumes e un par de actos

Naxos I. Drama en tres queixumes e un par de actos
sábado, 28 maio, 2022 - 22:30
Teatro Colón,
A Coruña

Naxos I. Drama en tres queixumes e un par de actos

Espectáculo de teatro.

Desde 1950 seis millóns de persoas foron expulsadas do campo do estado español en dirección á diáspora innominada, dirección ao progreso, a un futuro que non puidemos decidir.

A triloxía de Naxos interroga a través da metáfora da condición txarnega, termo que recibiu esa migración en Catalunya.

A primeira peza da Triloxía de Naxos esboza un retrato daquelas que perdemos a pertenza, o lugar da áncora, as raíces, a memoria, a comunidade, a lingua materna ou a súa fala, perdemos tamén a posibilidade do "Nós". Somos a primeira xeración de mil lugares e tamén somos a última de moitos outros.

A través de testemuños das fillas e as netas daquela diáspora, nacidas xa en varios continentes, recolle o noso esquecemento, os silencios, a vergoña, a pena, a culpa.

Usando a historia dunha princesa de Creta que perdeu o seu pasado e non logrou alcanzar o futuro. A Ariadna de Naxos, esta vez non explicada, senón desmentida.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro
Cabaré Climático
6 de xuño
Teatro da Beneficencia
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis