Evento: Lo antropomórfico

Lo antropomórfico
venres, 22 abril, 2022 a domingo, 26 febreiro, 2023
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

Lo antropomórfico

Exposición de Francisco Leiro.

O escultor cambadés Francisco Leiro presenta «O antropomórfico» no Museo Marco de Vigo, unha exposición con esculturas narrativas nas que se ve o interese do artista polo corpo humano. Deixando ao carón calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario buscan trazar a relación das obras cos peculiares espazos do MARCO, recorrendo para iso tanto a obras xa realizadas como a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.

Madeira de piñeiro, de acacia, de castiñeiro, de cedro O tipo é o menos relevante para o artista, quen conforma corpos inventados a base de talos de madeira. Corpos sen embigos, ensamblados uns con outros, monumentais e de tamaño reducido. O artista volve explorar por unha das liñas máis intensas e poderosas da súa obra: o antropomórfico, o zoomórfico, o ambiguo da figura humana.

  • Visita guiada de la mano de Leiro

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura