Evento: Uxía e Javier Ruibal: De tu casa a la mía

Uxía e Javier Ruibal: De tu casa a la mía
sábado, 19 marzo, 2022 - 20:30
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Uxía e Javier Ruibal: De tu casa a la mía

Retrato musical de dous poetas.

De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores.

Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, «tender pontes da túa casa á miña» sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.

Máis eventos de tipo Concerto

Deitado na area
24 de xullo
Xardín Umbrío
Eh, Sabina!
24 de xullo
Porto
Sons Celtas do Barroco
25 de xullo
Igrexa de San Marcos
As aventuras de Jazzy e Blusy
25 de xullo
Alameda José Veiga Roel