Evento: Xurxo Souto

Xurxo Souto
mércores, 9 marzo, 2022 - 19:30
Libraría Paz,
Pontevedra

Xurxo Souto

Encontro co escritor e músico.

Xurxo Manuel Souto Eiroa (A Coruña, Galicia, 1966) é un cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego. É licenciado en filoloxía  clásica.

O labor que lle fixo máis popular foi a de líder e vocalista da banda de rock en galego Vos Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, pero Souto desempeñou diversas ocupacións e cargos ao longo da súa carreira.

Desde 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa dá tralla en Radio Coruña. Tamén colaborou con varias publicacións, como a revista Bravú. Entre outubro de 2005  e xuño de 2009 foi subdirector de programas de Radio Galega, onde tamén dirixía Aberto por reformas, espazo caracterizado pola emisión exclusiva de música en galego. Á chegada á presidencia do goberno galego de Alberto Núñez Feijoo foi destituído como subdirector de programas, abandonando a dirección e presentación de Aberto por reformas.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Presentación do libro: Ni paraíso ni mierdas
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense