Evento: Todo el mundo es imbécil menos yo

Todo el mundo es imbécil menos yo
mércores, 18 maio, 2022 a domingo, 17 xullo, 2022
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Todo el mundo es imbécil menos yo

Exposición de Peter Bagge.

Todo el mundo es imbécil menos yo é unha recompilación de historietas que, a modo de columna xornalística, mesturan o humor acedo de Bagge cos traballos da prensa na actualidade. Cada unha delas caracteriza a un voluble Peter Bagge como un home corrente sorprendido, indignado e profundamente confuso, tentado entender este século vinte e un.

A través das súas viñetas, Bagge faise preguntas acerca da sociedade actual; preguntas similares ás que se pode facer calquera outro. Reflexiona sobre temas tan polémicos como a guerra de Iraq, a política, a erosión dos dereitos civís, as persoas en situación de exclusión social, o capitalismo, as drogas ou o sexo. Espreme todas as narrativas ata obter resultados entretidos e, moi a miúdo, preocupantes.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro