Evento: IALMA
IALMA
IALMA son pandereteiras, fillas e netas de galegos/as na diáspora. "Descubrir novas culturas musicais permítenos enriquecer aínda máis a nosa". Esta é a mellor forma de definir a evolución do proxecto artístico de IALMA e a súa importante contribución para perpetuar, renovar e desenvolver este xénero musical en particular. Co seu traballo Camiño, Verónica, Natalia, Marisol e Eva continúan en permanente conexión con Galicia, dende Bruxelas.
Durante máis de 20 anos, as cantareiras de IALMA cantan e tocan o seu país de orixe en todo o mundo. Dende os seus inicios e Palabras Darei, o seu primeiro disco, percorreron moitos camiños. Camiños nos que se cruzaron con grandes artistas como Dulce Pontes, Carlos Nuñez, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Eliseo Parra, pero tamén Arno, Zefiro Torna, Philippe Catherine, Renaud, Lucilla Galeazzi, Leila Amezian, Manou Gallo, Carlo Rizzo, Quentin Dujardin, Dick Van der Harst, Urban Trad, Fabrizio Cassol, N'Faly Kouyaté ou Perry Rose.
A cultura musical e as tradicións galegas son as súas fontes de inspiración inesgotables que lles permitiron construír, pouco a pouco, un amplo repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa vida diaria: a das mulleres de hoxe.



